O alcalde con Pepe durante o homenaxe.

César Poza destaca a labor social de “Pepe o Ferreiro”, un home con 99 anos cumpridos que exerceu de practicante na posguerra para salvar moitas vidas

A asociación de veciños San Andrés e a Comunicade de Montes de Figueirido celebrou onte domingo no campo da festa a II Comida de Confraternidade á que asistieron máis dun centenar de personas. No transcurso desta xuntanza de confraternidade rendeuse homenaxe a José Portela Canosa, coñecido como “Pepe o Ferreiro”, por ser a persoa de máis idade do lugar, con 99 anos de idade.

O alcalde de Vilaboa, César Poza, foi o encargado de entregarlle un agasallo en sinal do agradecemento e cariño da veciñanza, confeccionado a partir dunha fotografía do homenaxeado xunto á locomotora que el deseñou para asar as castañas e que hoxe é tan habitual en tempos de magosto.

José Portela fíxose merecedor do cariño e respeto da veciñanza tanto polo seu traballo como ferreiro como pola súa capacidade innovadora ao comezar, hai xa unhas poucas décadas coa organización das traídas de auga; a maiores, nos tempos da posguerra, cando a sanidade era un servizo moi precario, José Portela suministrou no municipio moitas doses de penicilina, salvando moitas vidas.

César Poza misturou na súa intervención o recoñecemento colectivo a “Pepe o Ferreiro” cos seus propios recordos da infancia. “Coñezo a señor Pepe de toda a vida, somos veciños do Alcouce. Recordo ir de pequeno polo eirado ao seu taller, na busca de restos de ferros para facer todo tipo
de armamento (daquela non había móviles pero si moita imaxinación). Ata faciamos estrelas ninja na cortadora de chapa, e sempre podíamos contar con el para soldar calquera aventura que se nos ocurrira”.

Pepe comenzou a súa andaina profesional no ferreiro do Pino ata que montou o seu taller no barrio do Alcouce, empezou facendo visfras pero pronto demostrou que é unha persoa moi viva e activa, un mestre no seu traballo; destacaba pola súa habilidade para reparar arados e todo tipo de
ferramentas. “A súa intelixencia e coñecemento do oficio permitíronlle ir investigando e empezou a fabricar sachadoras, sementadoras e tamén malladoras”, recordou o alcalde.

Outra faceta destacable é a súa labor social e veciñal; “fixo de practicante, é dicir, poñía inxeccións nun tempo onde a sanidade non era o que é hoxe, axudaba nas matanzas, nos partos das vacas…”, recordou César Poza. Insistiu en que foi pioneiro nas traídas de augas, pois a primeira comunidade de usuarios de auga de Figueirido foi promovida por el alá polos anos 60, no Alcouce e tamén foi o primeiro en facer as contratas do ganado; sen dúbida moi necesarias nunha época na que ter unha vaca era un capital e con estas contratas permitíase poder telas aseguradas dalgún xeito”.

Por último César Poza compartiu con todas as persoas asistentes o orgullo de saber que as locomotoras tan utilizadas hoxe como fornos portátiles para asar as castañas foron deseñadas no Alcouce.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *