A deputada e a tenente de alcalde de Moaña, xunto ao concelleiro de Mobilidade e a secretaria de organización do PSdeG moañés.

Ata a propia PO-313, concretamente ata o miradoiro dá Fraga, trasladouse a deputada socialista Leticia Gallego esta mañá xunto á tenente de alcalde e portavoz socialista no Concello de Moaña, para instar á Xunta a través dunha proposta no Parlamento a que arranxe as beirarrúas da estrada que une os municipios de Marín e Moaña. En primeira persoa puido comprobar os graves problemas de seguridade e accesibilidade que ten este vial moi utilizado polos veciños que residen na zona.

Ademáis, a voceira socialista pediu a construción dunha senda peonil e ciclista pola mesma vía, tal e como xa está aprobado no Plan de Mobilidade Sustentable Municipal de Moaña, onde se contempla a súa realización “como mínimo” dende o o último tramo de beirarrúas de Sabaceda ata o Mirador da Fraga. Esta actuación, sinalou, é unha “demanda histórica” que “conta co respaldo de varias asociacións veciñais da vila”.

Para os socialistas, a Axencia Galega de Infraestruturas discrimina a Moaña na repartición de diñeiro para a execución de proxectos que melloren, entre outros asuntos, a seguridade viaria dos seus veciños. «Dende a Xunta de Galicia, as infraestructuras van todas ao concellos gobernados polo PP. Está invistiendo máis de 14 millóns de euros entre 2019 e 2020 mentres que nos que están gobernados polos socialistas 280.000 euros», refirió para pedir «igualdade, independientemente do cor político do seu alcalde ou alcaldesa». «É un escándalo», apostilou.

A teniente de alcalde de Moaña, Marta Freire, fixo un chamamento á Xunta porque «ten que darse conta de que a PO-313 e a PO-551 non son estradas interurbanas para desplazarse exclusivamente en vehículos senon que que son titulares dunhas estradas moi transitadas que está causando moitos problemas aos veciños e veciñas». En relación á PO-551 Freire criticó que a Axenga Galega de Infraestructuras se limite só a sinalizar pero non a resolver». «Está quedando sen existencias de conos para sinalizala», ironizou Freire.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *