Dende a Concellaría de Mocidade e Igualdade, que dirixe o recén creado Voluntariado de Moaña, poñen en marcha unha nova actividade formativa aberta a calquera persoa. Chámase «Comunicación para a inclusión. Xornadas formativas para voluntariado» e tarán lugar dende o sábado 10 de xullo ata o 17 de xullo de 11:oo a 13:ooh na cMo Casa da Mocidade de Moaña.
A inscrición está aberta a calquera persoa interesada a través do correo voluntariado@concellodemoana.org ou non WhatsApp ou teléfono. 649 68 39 23.
Nesta actividade aprenderase como expresar de forma sinxela e directa conceptos en lingua de signos e aportarase vocabularios e diferente material audiovisual para que as persoas asistentes poidan repasalo na casa.
Ademáis, dende Mocidade queren recordar que segue aberto o prazo para inscribirse na actividade que se fará co voluntariado de Moaña e con Discamino o próximo 2 de xullo ás 16:00h. cunha ruta en cadeiras de rodas adaptadas ata a torre de Meira.