A semana conclúe en Cangas coa entrega do premio Adicam 2022 aos profesionais que desenvolven o Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama da Subdirección Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia. Un acto que tivo lugar no salón de plenos do Concello cangués dentro da XXI Edición das Xornadas Científicas Adicam Cancro de Mama.