Degustar os manxares que ofrece a hostalería de Cangas é agora máis sinxelo e áxil. A Asociación de Hostaleiros de Cangas que dirixe Gustavo Soliño chegou a un acordo coa plataforma de repartición Roombo, creada por emprendedores do rural galego, para que realice o servizo a domicilio no municipio. Onte pola mañá realizaron a presentación oficial na Alameda con caravana corporativa e repartición publicitaria.
Este servizo, segundo Soliño, facilitará a repartición aos restaurantes cangueses dunha forma accesible xa que é Roombo quen contrata aos riders e só cóbralles unha cota a accesible aos hostaleiros. «O que máis nos gustou é que dignifican o traballo dos riders, que están contratados por eles e non como noutras plataformas, e tamén a dos propios hostaleiros, aos que lle cobran unha porcentaxe asequible que lles permite seguir traballando e gañando algo de diñeiro», explicaba o presidente da Asociación.