Os populares anuncian a súa oposición: “imos a facer todo o que estea na nosa man para evitar esta sablazo á veciñanza”
O grupo municipal do PP de Cangas reacciona ante a vontade do goberno tripartito de incrementar sustancialmente a tasa municipal do lixo “utilizando como coartada o canón de Sogama, afectado por un novo imposto estatal creado polo Goberno de Pedro Sánchez da man do PSG e BNG”. “Queren sacar adiante un auténtico sablazo que segundo a consultora que eles mesmos contrataron cifra en preto do 100%” declaran.
Desde a formación recordan que a Xunta ofreceu a posibilidade de asumir unha parte importante do incremento sempre que os Concellos acrediten o seu compromiso na xestión sustentable do lixo. “Se foran responsables, traballarían para aforrar eses cartos pero é algo difícil de esperar deste equipo de goberno”.
“Que sirva de exemplo o deterioro e precariedade que sufriu o servizo nos últimos anos e da cal é testigo a veciñana con deficiencias na recollida, no estado dos contedores e na súa limpeza entre outras”. “Agora resulta que a cidadanía, ademais de ter un servizo malo vai ter que pagar o dobre por el” alertan. “Este é o resultado dunha década de mala xestión na mancomunidade capitaneada polo BNG e que se suma á situación irregular no que se atopa a empresa cun contrato vencido desde fai máis de 6 anos”. “Primeiro foi o engano da non municipalización do servizo e agora ven o tasazo” engaden.
Os populares anuncian a súa oposición e adiantan que “faremos o que esté na nosa man para que non se consume” recalcan. “Non fixeron os deberes nestes anos e pretenden que a veciñanza pague os pratos rotos”. “Unha xestión que contrasta coa que están facer outros concellos da provincia como Marín, Poio, Vilaboa ou Pontevedra, con gobernos de diversas cores políticas, que optaron por conxelar esta tasa”. Acusan aos responsables municipais de tratar de ocultar a súa responsabilidade ante unha decisión política. “Despois de ano e medio de goberno tripartito xa non teñen ningunha credibilidade. A súa nula
xestión cada día sae máis cara ao pobo de Cangas” rematan.