Celebración dos olímpicos fai un ano.

O Partido Popular de Cangas anuncia que vai a presentar unha batería de preguntas para saber cales son os motivos polos que todavía moitas entidades deportivas locais non cobraron a día de hoxe a subvención de carácter anual correspondente ao ano 2022. “O tripartito debe dar explicacións públicas deste enorme retraso, teñen que dar a cara e clarificar cal é a situación” inciden dende a formación. “Porque non cobran os clubs? Aprobaron xa varias partidas para pagar outros servizos, a labor dos clubs deportivos non é importante?” cuestionan.

“É incomprensible que a estas datas todavía non se aboara eses importes” reiteran, “agardamos que agora que van a cobrar das arcas municipais o ansiado soldo tamén o podan facer os clubs que realizan unha labor social e lúdico-deportiva no noso municipio” ironizan. Os populares critican o que para eles é unha falta absoluta de sensibilidade do goberno municipal para co deporte cangués “nun contexto económico adverso como o actual, co importante incremento de moitos dos costes das actividades que levan a cabo” argumentan. “Unha desidia que está a dificultar a permanencia de moitas desas actividades esixindo un esforzo económico extra a esas entidades” engaden. “A que agardan para pagar? Ao 2024?” cuestionan.

“Logo teñen a cara dura de presentar eventos e acudir a entregas de premios das competicións organizadas por eses meses clubs aos que se lles adeuda as axudas comprometidas o ano pasado. Hai que ter moi pouca vergonza” recalcan. “Cal é a aposta polo deporte deste goberno? Fotos e sorrisos? Ou escoitar as necesidades, cumplir coas axudas comprometidas e apoiar economicamente ao deporte? Saben cantos deportistas federados hai en Cangas? Coñecen as dificultades polas que pasan os clubs?” se preguntan dende o grupo municipal. “O deporte cangués non merece este maltrato por parte do actual equipo de goberno que, ademais de non pagar, perde subvencións autonómicas para a mellora de instalacións deportivas” critican.

Cangas olímpica

A nosa vila volverá a contar con representación nos próximos XX.OO. de París 2024. Á clasificación de Teresa Portela que se colgou a medalla de bronce en K-4 súmase a clasificación tamén de Rodrigo Germade. “Queremos trasladar os nosos parabéns a ambos deportistas que volverán a representar a nosa vila no evento deportivo máis importante do mundo” destacan. “A nosa vila volve a ser olímpica a pesar da falta de apoio por parte dos últimos gobernos municipais” critican á vez que destacan que foron con gobernos populares cando máis apoio se brindou aos deportistas cangueses. “Está moi ben alegrarse dos éxitos pero moito mellor sería apoialos e acompañalos na súa carreira deportiva” recalcan.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *