Ambulancias as portas do PAC de Cangas.

A CIG denuncia que o pasado luns 28 de agosto, cando o PAC de Cangas estaba a ser atendido por unha médica menos do habitual (2 en lugar de 3) ocorreu un accidente que afectou a cinco persoas (unha delas de gravidade). O feito de que o non houbese nin unha soa ambulancia desocupada obrigou a mobilizar inicialmente tan só a 2 sanitarias en taxi, en lugar de catro se houbese ambulancia dispoñible, para atender ás 5 persoas afectadas.

A falta de ambulancias na zona fixo que a asistencia se realizase por un equipo totalmente incompleto de Soporte Vital Avanzado, posto que non se puido contar cos dous sanitarios da ambulancia e o material co que contan os vehículos do 061, tendo así que afrontar inicialmente a asistencia co material que se pode transportar en taxi e coa colaboración da policía e protección civil.

O feito de que o 061 tivese que mobilizar unha ambulancia dende Mos ao non contar nese momento con ningunha en Cangas, Moaña ou Bueu pon de manifesto a necesidade de aumentar o número de ambulancias na zona, sendo necesaria unha ambulancia máis con base en Cangas como cabaceira da comarca do Morrazo, tal e como ven de denunciar a CIG en múltiples ocasións.

En relación a isto, o Consello de Contas da propia Xunta de Galicia a ven de publicar un informe o pasado mes de xullo onde se demostra, entre outras cousas, que os tempos de asistencia das ambulancias do 061 superan o recomendado en todo o pais e que os criterios de calidade empregados para medir a eficiencia no servizo non seguen un criterio obxectivo deixando datos importantes sen analizar e excluíndo incluso a parte da poboación galega na medición da calidade na asistencia.

Tendo en conta que o 061 négase rotunda e sistematicamente a achegar os datos sobre a asistencia sanitaria en Cangas solicitados en varias ocasións polo concello. Achegando datos parciais ou directamente negándose facilitar a información requirida argumentando que os responsábeis municipais non precisa coñecer os datos que solicitan. A CIG ven de rexistrar una solicitude hoxe mesmo no que se solicita a colaboración da Policía Local para a obtención de datos cos que poder denunciar a falta de asistencia sanitaria.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *