Unha das imáxenes coas que o PP demostra o deterioro do servizo de recollida do lixo.

A formación faise eco das queixas veciñais pola baixada da frecuencia na recollida e o mal estado dos contedores

O Partido Popular de Cangas reclama ao goberno local que, a través da Mancomunidade do Morrazo, se poña orde no servizo de basuras “que está vivindo un proceso de deterioro gradual debido a situación de interinidade que presenta o servizo desde fai tempo”. “A drástica reducción da frecuencia na retirada de residuos é unha das queixas principais da veciñanza” explican, “que está provocando a súa acumulación entorno aos contedores o que está provocando problemas de hixiene en varios puntos da vila, sendo máis esaxerado no rural, atraendo a presenxa incluso de roedores” engaden.

Os populares tamén reclaman a renovación de contedores e unha maior frecuencia na súa limpeza, “prometeron unha renovación que nunca se cumpriu” denuncian, “e lamentable o estado que presentan moitos deles. Trátase dunha situación isostible, a cidadanía está pagando por un peor servizo e os responsables municipais non fan nada” denuncian. “Coa excusa da manida municipalización está deixando que se deteriore un servizo a pasos axigantados” sinalan. “Ata cando terán que agardar a veciñanza para que se revirta esta situación” cuestionan.

Depósitos de aceite

Dende o principal partido da oposición tamén se esixe explicacións sobre o estado do servizo de recollida de aceite doméstico. “Presentamos preguntas por escrito e tamén en pleno sen recibir respostas as mesmas, como xa é natural con este goberno opaco” declaran. “O certo é que existe o mesmo problema de frecuencia de recollida destes residuos polo que resulta moi sinxelo observar a súa acumulación por fóra dos contedores específicos intalados por todo o concello” explican. “Cal é a resposta do goberno? O de sempre: negar o problema ou non facer nada” lamentan.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *