A expensas de como evolucionen as restricións establecidas pola Xunta, técnicos e goberno local tratan de ir preparando o Nadal. O que se está pechado é o itinerario que acometerá este ano a cabalgata dos Reis Magos. Segundo explicou a concelleira de Cultura, Aurora Prieto, a comitiva partirá da coñecida como rotonda do Gordo, discorrerá pola Avenida de José María Castroviejo, Avda. de Ourense, Paseo de Castelao e finalizará na estación de autobuses. A recepción aos nenos realizarase na Praza da Constitución.

O que tamén está decidido é que un ano máis non haberá carrozas dos colexios xa que a situación pandémica impediu traballar nelas ata o momento e agora non daría tempo a confeccionalas. O que está por determinar, dependendo das novas decisións do comité clínico que asesora á Xunta no Covid-19, é se nas carrozas poderán ir subidos os nenos como é tradicional.

Nas próximas semanas están previstas novas reunións no Concello para ir definindo a programación do Nadal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *