O Partido Popular de Cangas critica a actitude do concelleiro de Urbanismo, Antón Iglesias, por non asistir á reunión coa Xunta na que se abordou a aplicación da lei estatal de vivenda nun contexto no que o mercado inmobiliario municipal atópase moi descompensado con moita demanda de
vivendas sen apenas oferta. Para a formación esta situación é agravada pola parálise dos últimos anos nos que apenas houbo vontade por aliviar a situación. “Despois de oito anos seguimos agardando a aprobación dun PXOM que é esencial para o desenvolvemento de vivenda no noso concello” sinalan.
“O único avance que houbo en materia de vivenda nos últimos anos foi a inclusión do noso concello, despois dunha moción do PP, no programa de Vivendas Baleiras que apenas tivo impacto pola falta de xestión dos
responsables municipais cos propietarios” explican. “Outro exemplo claro o temos coa Casa dos Pobres, que despois de moitos anuncios e 70.000 euros investidos, e cunha desocupación polo medio, segue pechada e sen data de apertura” engaden. “O señor Iglesias non foi a esa reunión non vaia a ser que, despois de 6 meses no cargo e sen facer nada, lle fagan traballar agora” afirman. “Lonxe de poñer solucións aos problemas este goberno segue na línea de, ante os problemas, derivar a outras administracións. Nunca poden
facer nada salvo cobrar todos os meses” insisten.
“Resulta surrealista co concelleiro de Urbanismo critique que a Xunta aplique o establecido por unha lei estatal á cal, o diputado da súa formación en Madrid non votou en contra” comentan. “A realidade e que o Concello pode facer moito máis do que fai e non o fai porque da traballo e están máis cómodos comentando o que según eles teñen que facer os demais”.
Desde o grupo municipal maioritario da corporación reclaman ao tripartito que poñan en funcionamento a Casa dos Pobres “canto antes”, que se proceda á rehabilitación e desafección das vivendas de mestres baleiras coa mesma finalidade ou que se tramite o PXOM para permitir unha maior oferta reservando parte da edificabilidade a vivenda pública entre outras medidas. “Eso é gobernar. Para non facer absolutamente nada e mellor que se vaian a súa casa” rematan.