Pequenos no campamento o pasado verán en Bueu.

A portavoz do PP de Bueu, Elena Estévez, critica o feito de que un terzo das persoas que presentaron a súa solicitude queden fóra da principal medida de conciliación do verán na nosa vila, o Plan Concilia Bueu 2021.

O pasado venres 25 de xuño, o Concello de Bueu facía público o anuncio das persoas admitidas e a listaxe de espera, unha resolución enormemente agardada, pois supón a vía máis importante para conciliar para moitas familias do concello. Dacordo cos datos publicados, máis de 50 nenos quedaron fóra da iniciativa, mentres que, dos admitidos, tamén varias persoas quedan excluídas do mes de xullo, o que, en total, supón que un terzo das solicitudes presentadas quedaron en espera, parcial ou totalmente, sen ter visos de que realmente poidan chegar a ver a súa solicitude cuberta

«Desde o PP entedemos que o Vicealcalde e Concelleiro responsable de Facenda, Xulio Villanueva, debería tomar cartas neste asunto ampliando a partida orzamentaria para o Plan Concilia 2021 e facilitar así que os nenos e nenas que a día de hoxe quedaron fóra teñan a oportunidade de participar nas actividades. Ainda están a tempo de facelo», manifesta Estévez.

Tendo en conta que coa pandemia durante todo o ano non se realizaron algunhas actividades que estaban previstas, hai partidas no presuposto municipal que sí se poderían destinar a ampliación destas prazas. «É so cuestión de vontade política», cre a portavoz do PP.

Unha vez máis, dí, e como xa ben sendo habitual, houbo “unha total e absoluta improvisación do goberno bipartito”, que foi tomando decisións a bandazos, andando a rebufo das ANPAS e recapacitando só no último minuto”, despois de recibir críticas das familias.

Así o demostra o feito de que a principios de xuño e ante a información que solicitaban as Anpas sobre o Plan Concilia 2021, se lles dicía desde o concello que este ano só organizaba o Balonmán Bueu Atletico e que o concello non o faría,, “días despois cambian o conto” e xa falan de que o balonmán organizaría o mes de xullo e agosto o faría o Concello “para cambiar a versión ó día seguinte “de que sería o concello quen asumiría a organización do Plan concilia polos dous meses.

«Non hai nada máis que comprobar os vaivens do goberno para darnos conta de que falla a comunicación entre os membros do goberno. Hai ausencia total de
previsión e organización e quen sufre unha vez máis as conscuencias das ocorrencias do goberno é a veciñanza», critica Estévez.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *