Estado en que se encontraban algunas rutas antes del desbroce.

«Un goberno progresista que pon de manifesto unha vez mais as súas contradicións. Enchéselle a boca falando de prestación publica dos servizos, demonizando continuamente a privatización dos mesmos, e a primeira de cambio son eles mesmos os que privatizan, desistindo de facer unha labor fundamental, que é o fomento de emprego entre as persoas desempregadas, ademais non lle costaría nada ao Concello de Cangas, xa que están incluídos eses fondos na subvención da deputación de Pontevedra, polo Plan Mais Provincia», manifesta o PP en relación ao acontecido no pleno deste xoves onde se debateu unha moción deste grupo municipal na que se propoñía que un plan de actuación estable para os desbroces de estradas municipais, que actuara en todos os viais coa mesma frecuencia, a maiores solicitabamos que os fondos outorgados pola deputación no Plan mais provincia para a promoción de emprego se destinara a esta actuación. Votando este goberno en contra da proposta.

O goberno de Cangas, relatan, manifestou que «vai renunciar aos fondos da Liña 3 do plan Mais provincia da Deputación de Pontevedra, destinados a activación do emprego mediante a contratación de persoas desempregadas para realizar obras e servizos de interese xeral e social». Van solicitar que eses fondos se trasladen a liña 2 para actividades, gastos correntes e obras puntuais, coa intención de realizar a contratación dunha empresa privada para o desbroce de camiños.

«Este goberno en minoría leva dez meses de lexislatura, e ata o momento dedicou o seu tempo fundamentalmente en poñerse de acordo para os soldos que tiñan que cobrar, ser incapaces de facer unha política económica minimamente decente, fallando coas propostas de orzamentos e modificacións de crédito pola súa incapacidade de negociar e consensuar, acusando dos seus fracasos ao grupo maioritario da corporación, cando eles son os únicos responsables desta desfeita. Porque non existe unha guía de ruta de como afrontar a lexislatura, nin plan de actuación para estes anos, van a salto de mata improvisando e sen criterio de como actuar», censuran.

Considera o PP que «o feito de contratar unha empresa privada en detrimento dunha labor fundamental do Concello como debe ser a promoción do emprego para persoas desempregadas, demostra que non teñen criterio, que non respectan os seus principios e que so actúan por impulsos e ocorrencias. Deteriorando así a labor de goberno, que debería buscar a  estabilidade e planificación».

«Teñen a oportunidade a coste cero para este Concello, de axudar as persoas desempregadas do municipio para facilitarlle un contrato de traballo e deciden renunciar a esas axudas e trasladar eses fondos a contratar unha empresa privada. Total incoherencia dun goberno supostamente progresista», engaden.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *