A corporación municipal de Cangas volverá reunirse en pleno este mércores para tratar o problema das verteduras e, por primeira vez, poñer sobre a mesa o que supoñería rescindir o contrato á UTE Xestión Cangas. Faio a pedimento do grupo municipal do PP, que solicitou unha comparecencia extraordinaria ante o resultado das últimas reunións coa empresa e coa Confraría de Pescadores San Xosé de Cangas.

O PP insta na súa proposta ao goberno municipal a que de conta do estado de tramitación dos acordos plenarios dos meses de setembro e de decembro relacionadas co funcionamento da rede de saneamento con motivo da polémica dos continuos vertidos no litoral cangués. A estos puntos suman a petición ao goberno municipal de «efectuar un estudo xurídico-económico» sobre o custo de «rescisión do contrato do Ciclo Integral da Auga».

Aseguran os populares no argumento da súa moción que «o goberno municipal está incumprindo de forma sistemática unha obriga fundamental do seu cometido, que é cumprir e facer cumprir os acordos plenarios que sexan aprobados, xa que o pleno é órgano colexiado mais importante e representativo dentro do Concello de Cangas». Refírense a que no pleno do mes de setembro de 2023 se acordou que o goberno tiña que realizar unha serie de medidas respecto da situación da rede de saneamento do municipio de Cangas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *