O plan de asfaltados que está a levar a cabo o Concello de Moaña para dar resposta ás demandas dos consellos vecinais para a mellora dos camiños e viais municipais segue avanzando. A última en recuperar a imaxe foi a subida á Fanequeira, cuxa superficie xa non presenta fochas, buracos e desniveis importantes como ata o de agora. Unha vez finalizado o traballo aquí, a brigada trasladarase ata Daniel Castelao para continuar coa mellora da superficie nesta rúa.
Segundo a concellería de Vías e Obras da socialista Marta Freire, a intención deste proxecto é «mellorar os camiños e viais municipais como medida para, á súa vez, mellorar a calidade de vida dos nosos veciños». Esta financiado co Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, que supón un «instrumento importantísimo para conseguir o noso obxectivo de acondicionar o maior número de viais posibles». Para este proxecto el Concello consiguió unha subvención con cargo á liña 1 do Plan Concellos de 124.252,00 euros.
As obras rematarán máis ou menos nun prazo estimado de dúas semanas e tamén contempla resalteo de tapas, reixas, pintados e sinalización vertical.