Presentación do cartel da feira medieval Moaña Antiqua. FOTO: DIEGO SEIXO

O próximo 27 de xuño regresa a festa medieval Moaña Antiqua á parroquia de San Martiño, aínda que nesta ocasión e dadas as circunstancias actuais que deixa a pandemia, durante unha soa xornada. Aínda así, non faltarán a artesanía, os concertos, as exposicións e os postos de comida na contorna da igrexa.

O día arrincará ás 10:30 horas co roteiro por San Martiño da man da asociación A Illa dos Ratos e ás 11:00 horas abrirase o mercado, que nesta ocasión só contará cunha trintena de postos que se situarán no adro alto e baixo pero non na estrada para deixar libre o vial e que se poida circular con facilidade pola rúa.

Ás 11:30 talleres e actividades infantís e ás 13:15 horas uno dos pratos fortes da festa, concerto vermú da Banda de Música Airiños do Morrazo que, ademais, será un premio homenaxe a toda a mocidade. Pola tarde, máis xogos para os pequenos e ás 17:30 horas presentación do libro de Manuel Uxío García Barreiro «Os Mecenas da Igrexa de San Martiño», que será declarado cronista oficial de Moaña próximamente polo Concello. Xa ás 19:30 horas, concerto da violonchelista Margarida Mariño.

A isto súmase a zona de lecer na carballeira da contorna da Reitoral, talleres de artesanía en vivo, polbeira, antigüidades e actividades gratuítas para todo o público que se achegue. Por suposto, desde a organización animan a tod@ s a ir vestidos para a ocasión con traxes medievais para mimetizarse co ambiente antiquo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *