A Comisión de Festas do Carmen de Moaña e o Concello mantiveron reunións nas últimas horas para tratar de sacar adiante as festas que, nun principio, poderían celebrarse entre o 10 e o 18 de xullo. Aínda que xa houbo un encontro previo, na tarde de onte membros da directiva da Comisión, entre eles o presidente Carlos Lens, dialogaron co concelleiro de Cultura, Carlos Juncal, e coa alcaldesa, Leticia Santos, quen lles indicou os pasos para seguir para poder obter os permisos que permitan levar a cabo as actividades festivas.

Nun principio, a falta da tramitación e presentación de toda a documentación pertinente en prazo, a idea da comisión é poder traer dúas orquestras para o xoves e venres, 15 e 16 de xullo, ademáis de atraccións infantís e postos. O Concello, pola súa banda, si confirma que celebrará o sábado 17 o concerto de rock «Rock de Autor», organizado por Cultura e que, no caso de que a comisión consiga organizar as festas sumarase ao cartel. O que tamén é seguro é que non haberá fogos artificiais en cumprimento do acordo plenario aprobado o pasado mes de marzo a pedimento da Asociación Gemo.

O Concello ten reservada unha partida de 5.000 euros para axudar cos gastos á comisión de festas e, ademais, non lles cobrará a taxa de ocupación de espazos públicos.

Tamén están moi pendentes da normativa da Xunta de Galicia respecto ao protocolo anticovid que se estableza neste tipo de eventos tras os concertos piloto que levarán a cabo nos próximos días.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *