Unha das obras de Pedro Bueno.

Inaugurarase este sábado, 7 de maio, ás 13.00 horas e poderá visitarse ata o 12 de xuño

O Museo Municipal Manuel Torres acollerá a partir deste sábado, 7 de maio, a
exposición “Pedro Bueno Salto. Retrospectiva”. A mostra inaugurarase ese mesmo
día ás 13.00 horas, e poderá visitarse ata o 12 de xuño.

Bueno (A Coruña, 1952) é un referente na pintura galega contemporánea, aínda
que tamén adica parte do seu traballo á escultura. Conta cunha ampla e
recoñecida traxectoria plástica, na que destaca a súa persoal forma de interpretar
a figura humana, cargada de simbolismo.

No 2016 acadou o premio Paleta de Plata, que concede a Asociación de Artistas
Plásticos Galegos e a Deputación da Coruña englobouno na súa Colección
Grandes Pintores.

Despois de que esta exposición pasase polo Centro Cultural Marcos Valcárcel da
Coruña ou o Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol, chega agora ao noso
museo para poder desfrutar de máis de 50 obras do artista, así coma de tres
esculturas que tamén forman parte da exposición.

As paisaxes da provincia da Coruña, pero tamén os espazos portuarios da nosa
vila, serven de inspiración a este artista con más de 40 anos de traballo.
Moitos dos críticos de arte afinan a súa análise da obra de Bueno centrándose na
súa marcada autoría, froito da técnica pictórica que utiliza e que nos permite
recoñecer a súa man cun golpe de vista aos cadros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *