Acuña e Carreira na mesa de traballo hoxe para organiza o Stock Marín.

A Concelleira de Turismo e Comercio, Da Cristina Acuña e o xerente do Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, Yonathan Carreira, reuníronse esta mañá no Concello, coa finalidade de preparar a III Edición da Feira de Oportunidades “Stock Marín”, que terá lugar os días 5, 6 e 7 de agosto, en horario de de 11h a 14h e de 18h a 22h.

Ao igual co ano pasado, a carpa pechada doutros anos sustituirase por carpas individuais de 55 e 33 metros que se instalarán ao longo de toda a Alameda. Tras analizar as enquisas que se lle fixeron chegar aos participantes do último ano, esta montaxe foi a opción preferida pola mayoría. Como novidade, estas carpas disporán de stands modulares de madeira de pino e de rotulación, o que contribuirá a mellorar de xeito considerable a estética dos espazos.

Os establecementos do Concello de Marín, terán preferencia á hora de solicitar a súa inscrición e cobrarase 90 euros pola haimas de 33 m2 e 150 polas de 55 m2.

Para participar, os establecementos só teñen que poñerse en contacto co CCA Estrela de Marín nos teléfonos 986 89 11 12 e 690 86 89 28, achegarse ata a súa sede social sita na Rúa Real nº10 baixo ou enviar un email a info@estrelademarin.gal.

O prazo para inscribirse no evento remata o 20 de maio e a distribución do espazo, entre os participantes, farase por sorteo que se celebrará no Concello.

Esta acción inclúese dentro do Plan de Reactivación Comercial do Concello, que asume os custos da montaxe das carpas individuais e os custos do control e vixianza nocturna do evento.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *