Os oito nenos que viaxaban no autobús escolar da empresa Cerqueiro ao colexio A Torre de Bueu, en Cela, resultaron ilesos despois de que o vehículo saísese da vía e envorcase na PO-551 á altura da parroquia de Ardán, no término municipal de Marín. O condutor e a coidadora tampouco resultaron feridos.
Ocorreu ás 8:38 da mañá e, segundo fontes oficiais, o accidente produciuse cando o autobús tratou de esquivar a outro vehículo que estaba a invadir o seu carril.
O suceso obrigou a que outro autobús da mesma empresa recollese aos nenos para levalos ao seu destino.