O CB Marín Peixefresco formalizou hoxe á mañá a solicitude para dispoñer dunha praza na Liga Feminina Dos da temporada 2020-2021. O horario para a execución da preinscrición na categoría rematou hoxe ás 14.00 horas. A entidade realizou o pagamento de 5.000 euros esixido como requisito financeiro por parte cada Feb para levar a cabo a solicitude de praza, dentro do proceso de ampliación da competición que está a desenvolver o órgano federativo de cara ao próximo curso. A competición pasará de estar composta por dous grupos de 14 a ter 42 equipos distribuídos en tres grupos.

O club pretende dar continuidade desta maneira á súa aposta decidida polo baloncesto feminino, que se traduciu nas últimas temporadas na creación de conxuntos femininos en tódalas categorías, incluida a sénior. A presenza da muller na vida diaria do club incrementouse progresivamente desde hai anos en tódolos estamentos ata chegar ás normalización,, non só no deportivo, senón tamén no plano, coa figura de presidenta Rebeca Simes e a integración paritaria de mulleres na xunta directiva, e a social.

O club, ademais, organizará a próxima temporada o terceiro campeonato de España de clubs de categoría feminina. Co torneo estatal infantil de mulleres, previsto para este mes de xuño pero adiado debido ás crise sanitaria do Covid 19, dará continuidade ás edicións de 2017 e 2019.

Os criterios que a Federación terá en consideración á hora de aceptar as solicitudes serán a experiencia dun equipo feminino en Primeira Nacional, o feito de que a demarcación territorial na que se adscriba o equipo non teña representación na categoría de LF2, a calidade das instalacións, a disposición de equipos femininos de categorías base, o apoio institucional e dos patrocinadores e a masa social.

Se a súa preinscrición é aceptada, o club deberá facer un desembolso de 13.500 Euros en concepto de aval e 2.000 en concepto de inscrición. Cada arbitraxe ascende a 400 € máis os gastos de desprazamento e aloxamento dos colexiados. Por outra parte, a entidade segue a traballar arreo na procura dos recursos económicos necesarios para dar viabilidade a unha nova experiencia, a terceira da súa historia, en LEB Ouro, despois da consecución da permanencia durante o curso que vén de rematar, que estivo condicionado polo Covid19

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *