O presidente da Xunta inaugurou en Marín as novas instalacións da Xunta para as persoas maiores e enxalzó o papel dos centros de día como ferramenta fundamental contra o illamento e descarga de traballo para familias e coidadores
O novo centro de día de Marín, situado no primeiro andar da antiga Casa do Mar xa abreu as súas portas. Esta tarde tivo lugar a inauguración coa presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, ademáis da conselleira de Política Social, Fabiola García, e unha nutrida representación do goberno local encabezado pola alcaldesa, María Ramallo. A construcción deste centro supuso un custe de 250.000 euros, o 60 por cento dos cartos financiados pola administración autonómica e o restante polo Concello.
Estas instalacións, que compartirá edificio cunha escola infantil e a residencia de maiores da Xunta, acollerán inicialmente a 20 usuarios, aínda que existe a posibilidade de ampliar a capacidade ata as 40 prazas de atención. Contará con salas de usos múltiples, zona de rehabilitación, área de ocio, cociña, lavandería, despachos e baños.
A súa xestión correrá a cargo da Xunta de Galicia, a través do Consorcio. Como no resto de centros de día de titularidade pública, para pedir praza é necesario que a persoa solicitante teña tramitada, en primeiro lugar, a situación de dependencia. As familias interesadas poden dirixirse aos servizos sociais municipais ou á Xefatura Territorial da Xunta de Galicia para coñecer cales son os requisitos que se deben cumprir e a documentación que precisan para pedir praza.