Os municipios da comarca do Morrazo, Moaña, Bueu e Marín, xa teñen as Bandeiras Azuis a buen recado tras recibilas esta mañá na praia de Loira, en Marín. Cangas, con todo, non contou con ningún representante do Concello tras escusar a súa presenza a concelleira de Turismo, Aurora Prieto, por coincidir o acto coa reunión do xurado da Bienal de Arte. Si acudiu o Real Club Náutico cangués a recoller o galardón outorgado pola Adeac como ao Porto Deportivo.
Só permitíase un representante por Concello, así que por Moaña acudiu a alcaldesa, Leticia Santos, para facerse co distintivo para o areal de O Con, a súa homóloga de Marín, María Ramallo, para recibir as cinco concedidas e Bueu, co seu concelleira de Turismo, Silvia Carballo, levou as de Río, Portomaior, Lapamán, Lagos, Area de Bon e a da Banda do Río, que por primeira vez obtivo o recoñecemento da Adeac.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou hoxe no acto que as 166 bandeiras azuis de Galicia son un premio ao compromiso da Comunidade co seu patrimonio natural e un recoñecemento á súa aposta polo turismo sustentable e de calidade. Fíxoo durante o acto de entrega destes distintivos que ondearán en 112 areais, 11 portos deportivos, 14 centros e 29 sendeiros. “Son 11 estandartes máis que o ano anterior”, dixo.