Dende Codimo animan a todo o colectivo LGTBIQ+ do Morrazo, así como a tódala veciñanza da comarca, a participar este sábado 2 de xullo, ás 19:00h, á primerira manifestación do orgullo LGTBIQ+ morracense. O punto de partida será a Alameda Vella de Cangas.
A manifestación percorrerá a vila de canguesa, destacando catro paradas onde se farán pequenas performance/reinvindicacións en lugares simbólicos. A mobilización retornará á Alameda Vella coma moi tarde ás 20:30h, onde se lerá o manifesto e posteriormente reproducirase un pouco de música para amenizar o ambiente. Tódolos actos rematarán ás 22:00h.
O lema escollido é «Un mar de diversidade», porque é un símbolo de identidade da nosa comarca, ademais, o mar está cheo de diversidade, coma a nosa comarca.