30 estudantes de 3º e 4º da ESO de Moaña lograron o reto de ir e vir durante 21 días en bicicleta ao instituto. Desde o Concello aseguran vivir «con moita ilusión» a iniciativa, a entrega de agasallos e o sorteo das bicicletas eléctricas polo «xerme que se está sementando para un cambio de hábitos a favor da mobilidade activa con baixa pegada de carbono».
Ademais, manifesta o concelleiro de Movilidad, Rodrigo Currás, «fixemos un esforzo para que as parkas impermeables que se regalaron aos participantes fosen de boa calidade e quédelles bo recordo en atención ao esforzo que eles mesmos achegaron para conseguir cumprir cos requisitos da iniciativa, para que poidan utilizala e presumir dela en calquera ámbito».
Segundo relataron os propios participantes «foi unha proba dura debido a momentos en que fixo moita calor e outros con choiva, pero a satisfacción de conseguilo e verse capaces foi maior».