Peirao de San Adrián donde terá lugar a festa.

Contará coa actuación musical de Rosa Cedron, o sábado 25, conmemorando o X aniversario da Escola de Música de Vilaboa

O Concello de Vilaboa ultima xa o programa da Festa do Mar que encherá o peirao de San Adrián de Cobres nun escaparate de sabores e produtos vencellados as xentes do Mar. A Festa, que este ano será de dos días, comenzará pasado o San Xoán, o 25 de xuño e abrirá coa cata dos platos que se ofrecen nesta edición, cun xurado integrado por membros do CFIP Carlos Oroza e do sector pesqueiro.
As 11 da mañan abrirán as casetas do recinto da Festa e, tras unha breve inauguración do alcalde, procederase a cata. Seguidamente haberá unha actuación musical a cargo de TERAPIA DE GRUPO.

Os que se acheguen ata San Adrián poderán degustar produtos capturados por mariñeiros, mariscadoras e bateeiras de Vilaboa. Os restaurantes A GARBOA, MAURO, CASA AURELIA e A CASA DE ROSA DE MAZAROCA serán os encargados de preparar os produtos para a degustacion, a prezos populares. O viño que se ofrecera nesta Festa será das adegas da IXP Ribeiras do Morrazo.

Na tarde desta primeira xornada o mar rendirase á música xa que a Escola de Vilaboa subirará ao escenario para celebrar cun macroconcerto o seu XX aniversario, un momento especialmente emotivo para toda a cidadanía de Vilaboa, que veu medrar esta Escola, e que contribuíu á constitución e consolidación da súa Banda de Música. Nel contarán coa participación de Rosa Cedron, entre outros convidados.

Na tarde desta primeira xornada o mar rendirase á música xa que a Escola de Vilaboa subirará ao escenario para celebrar cun macroconcerto o seu XX aniversario, un momento especialmente emotivo para toda a cidadanía de Vilaboa, que veu medrar esta Escola, e que contribuíu á constitución e consolidación da súa Banda de Música. Nel contarán coa participación de Rosa Cedron, entre outros convidados.

A xornada do domingo conta tamén cunha intensa programación na que haberá música, neste caso a cargo da banda de gaitas Aires de Cobres, degustación e entrega de premios.

Tanto o alcalde de Vilaboa, César Poza, como a concelleira de Promoción Económica, Carmen Gallego, animan ao vecindario a participar nestas xornadas de dinamización do sector hosteleiro e de promoción do sector do mar. “As restriccións do ano pasado obrigáronnos a facer un formato moito máis reducido pero suficiente para darnos conta de que o sector necesita este tipo de eventos e a cidadanía está disposta a respaldalos. Confiamos en que este ano a resposta sexa tan boa como o ano pasado e que o peirao de San Adrián se encha de xente con ganas de coñecer os nosos produtos e de pasalo ben”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *