O fume viase desde a rúa.

Os veciños do inmoble tiveron que ser desaloxados por precaución

O lume nun garaxe dun edificio da avenida da Xunqueira, en Moaña, obrigou a desaloxar aos veciños do inmoble.

Segundo a Policía Local, ás cinco e media da madrugada, varios particulares alertaron á xefatura para dar conta de que saía fume do garaxe do edificio no que está situado o bazar chino.

Ata o lugar trasladáronse aos Bombeiros do Morrazo e ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061. A maiores, tamén se deu aviso aos Bombeiros de Vigo por se fose necesaria a súa intervención.

Xa no punto, os bombeiros afirmaban que había un lume que afectaba a tres plantas subterráneas dun garaxe e que, por precaución, desaloxaran aos veciños do edificio.

A primeira hora desta mañá, os servizos de extinción deron o lume por apagado e informaban ao 112 Galicia de que, por mor do incendio, un vehículo ardera por completo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *