Veciños da zona de Espiñeira, en Aldán, foron testemuñas dun despregamento esta tarde ante a chamada de emerxencia dun veciño duns 70 anos que sufrira unha parada cardiorrespiratoria na súa vivenda. Ata esta parroquia canguesa desprazouse o helicóptero do 061 que finalmente non puido trasladar ao enfermo ata un centro hospitalario porque acabou falecendo na súa vivenda. Nin os servizos de emerxencias nin o persoal do PAC desprazado ata o lugar puideron facer nada por salvarlle a vida.

Ata este punto desprazouse tamén Protección Civil de Cangas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *