Ao contrario do que auguraba a oposición o pasado mes de febreiro, o goberno local de Cangas logrou o aval da Deputación ao Plan Concellos. O ente provincial ha feito público hai apenas unhas horas a aprobación de tres achegas que suman 495.750 euros. A primeira, de 169.900 euros, servirá para pavimentar as rúas Pepe Simón e Lajes do Pico (ambos na parroquia de Darbo), a rúa Telleiro (en Coiro) e a rúa Ferruxiña (en Aldán), e facer unha senda peonil na rúa da Garita en Santa Marta (Darbo).
Cangas rehabilitará tamén o cemiterio de Coiro a través dunha subvención de 167.350 euros cos que se realizarán actuacións de pavimentación, execución de ramplas con varandas para salvar os desniveis ou a impermeabilización da cuberta da capela.
A terceira achega aprobada é de 158.500 euros e servirá para realizar unha pavimentación ecolóxica na rúa de Fora (en Donón) que foi demandada pola veciñanza desta zona de gran tránsito que comunica o mirador da Caracola de Donón co aparcadoiro do Monte do Facho.
O concelleiro de Facenda, Mariano Abalo, valora moi positivamente a resposta da Deputación da que, asegura, estaba convencido porque todo fíxose conforme á lei. Aínda así, considera que «máis que seguir fomentando un debate sobre a legalidade» o «prioritario é facer as obras para mellorar a calidade de vida dos veciños». En canto á oposición, anímalles » a que se somen ás tarefas de xestión porque se se rima na mesma dirección mellora a eficacia».
Ainda faltan outros proxectos por aprobar xa que o conxunto da solicitude do Plan Concellos 2022-2023 de Cangas á Deputación e de 800.000 euros.