Reunión no salón de plenos do Concello cos colectivos implicados na problemática do parque eólico.

O concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, asegura que o único que hai formalmente presentado é a solicitude de información urbanística sobre unha serie de parcelas nestes montes por parte dunha empresa adicada ás enerxías renovables

O concelleiro de Urbanismo e tenente alcalde, Manuel Santos, trasladou no pleno de onte a postura do Goberno local con respecto á instalación dun posible parque eólico no Monte Xaxán e no Monte de San Lourenzo, rexeitando esta posibilidade.
Segundo explica o concelleiro, as primeiras informacións respecto ao posible
interese de crear un parque eólido nesa zona foron “a través de terceiras persoas e pola prensa”, detalla Santos, que recalca que a único oficial que hai presentado no Concello “é a solicitude de información urbanística de varias parcelas por parte dunha empresa adicada ao desenvolvemento de proxectos relacionados coa enerxía renovable”, con data deste mes de decembro.

Así a todo, o concelleiro mostrou o rexeitamento por parte do Goberno local a un
hipotético parque eólico nesas parcelas sobre as que se solicitou información,
“despois de analizalas desde todos os puntos de vista”. Unha avaliación que
tamén comparten os servizos técnicos municipais, segundo adiantou o edil.

Santos recordou que todos os proxectos eólicos que se poidan presentar teñen que cumplir co Plan Sectorial Eólico de Galicia e, sobre todo, coa avaliación ambiental ordinaria e a Lei 5/2019 de Patromonio Natural de Galicia, “que dá prioridade á protección ambiental sobre a ordenación territorial e urbanística e establece a precaución nas intervencións que poidan afectar ao patrimonio natural ou á biodiversidade”.

Ademais, engadiu que para dar luz verde a un proxecto eólico como o que podería plantexarse nos montes do Morrazo é preciso un informe favorable dos técnicos municipais, o cumprimenro das directrices do Plan de Ordenación do Litoral, das directrices de Paisaxes de Galicia e os informes favorables da Dirección Xeral (DX) de Ordenación do Territorio e Urbanismo, da DX de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático; da DX de Patrimonio Natural, da DX de Patrimonio Cultural, do Instituto de Estudos do Territorio, de Augas de Galicia, da DX de Saúde Pública, da DX de Emerxencias e Interior, da Axencia de Turismo de Galicia, da Axencia Galega de Infraestruturas, da DX de Planificación e Ordenación
Forestal, da DX de Defensa do Monte e da DX de Desenvolvemento Rural, así como do beneplácito da Axencia Estatal de Seguridade Aérea.

Por outra banda, a alcaldesa, María Ramallo, solicitou por escrito á Xunta de Galicia información sobre se existía algún proxecto presentado con respecto á instalación dun parque eólico no termo municipal da vila, “ao que a Administración local nos contestou que non, que non hai constancia da tramitación de ningún parque eólico no noso Concello”.

De feito, engadiu a alcaldesa, “a Xunta aprobou unha lei ao remate do 2021 pola cal non se tramitará ningún proxecto novo destas características nos próximos 18
meses”.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí