Hall do futuro auditorio.

A construción do edificio cultural suporá unha inversión total de 4.308.000 euros, dos que 1.427.653 proceden da estratexia Marín Dusi, cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea, e os restantes 2.000.000 son aportados pola Xunta de Galicia

O Pleno da Corporación que se celebrará esta tarde no Salón de Plenos dará luz
verde á proposta de adxudicación realizada pola Mesa de Contratación para o
proxecto de construción do Auditorio de Marín, correspondente á empresa
Citanias, á que agora se lle requerirá a documentación correspondente.

Unha vez a empresa acepte a proposta e presente a documentación requerida, a
adxudicación volverá de novo ao Pleno para ser aprobada de xeito definitivo.. A
partir de entón, comezará a contar atrás para o inicio das obras que dotarán a
Marín dun Auditorio que marcará un antes e un despois nas posibilidades
culturais do municipio.

A proposta de adxudicación fíxose por un importe de 4.305.384,12 euros (IVE
incluído). A obra está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento
Rexional (FEDER) da Unión Europea, a través de Marín Dusi, cunha inxección de 2
millóns de euros. Outros dous millóns de euros serán aportados pola Xunta de
Galicia, a través dun convenio de colaboración coa Consellería de Medio
Ambiente. O restante será aportado polo Concello a través dun préstamo.

Na oferta presentada por Citanias, valoráronse, entre outras cousas, o
coñecemento do espazo no que se levantará o edificio, a previsión dos accesos e
da circulación de vehículos e peóns, as técnicas construtivas e as calidades
propostas, así como as análises realizadas pola empresa licitadora desde o punto
de vista medioambiental.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *