O contrato poderá ser prorrogado un ano máis e será adxudicado a esta empresa despois de que o TACGAL considerase que a oferta que presentou é correcta

O Pleno da Corporación deu luz verde por unanimidade á adxudicación definitiva do novo contrato que regula o servizo de limpeza de edificios e instalacións
dependentes do Concello de Marín.

A empresa Limpiezas Faro SL será finalmente a que se encargue da prestación deste servizo, despois de que o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia (TACGAL) trasladase ao Concello que a oferta presentada por esta empresa axústase ás esixencias de contratación.

A concelleira explicou na súa exposición no pasado Pleno que “nun primeiro momento, sendo rigorosos cos informes técnicos, a Mesa de Contratación acordou a exclusión da oferta de Limpiezas Faro porque considerábamos que a baixa que presentaban era desproporcionada ou anormalmente baixa”. O TACGAL si aceptou a oferta da empresa, polo que se revocou a súa exclusión e adxudicóuselle o contrato.

A concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, explicou que este prego foi moi complexo na súa elaboración, “debido a que o coste do servizo incrementouse moito, debido á inclusión de novos espazos municipais que antes non estaban no prego, como as Galiñas Azuis de Seixo e San Pedro, a EEI O Grupo, as ampliacións en instalacións municipais (e a súa limpeza nas fins de semana), a Biblioteca, a Policía Local e os vestiarios, o Espazo de Emprendemento de Innovación Alimentaria do Parque Azul, o local social de Juan XXIII, a SACOA ou os novos comedores escolares”. Adxudicouse por 695.508 euros ao ano.

Tamén influiu o aumento da frecuencia de limpezas nos centros educativos ou o
aumento de consumibles para o lavado de mans, así como a actualización dos
salarios aos novos convenios laborais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *