A Asociación de Tejedoras Laneras Cascabeleras organiza un acto común en la Alameda para el sábado 12, de 16.30 a 21.00 horas
A concelleira Cristina Acuña e Carmen, da Asociación de Tejedoras Laneras Cascabeleras, presentaran na Alameda o evento que organiza o colectivo en colaboración co Concello polo Día Mundial de Tecer en Público, que se celebra este sábado, día 12 de xuño.
Máis de 70 persoas aficionadas a tecer daranse cita na Alameda, cumprindo coas distancias de seguridade e con todo tipo de medidas sanitarias, para realizar esta actividade en común, puidendo realizar calquera disciplina: ganchillo, calceta…
Será de 16.30 a 21.00 horas e está previsto que acuda xente de distintos puntos da provincia e de Galicia. Haberá un pequeno desfile e premios para os participantes, ademais de ambientación musical e sorteos.