Reunión coa organización para a proba piloto.

O Concello de Marín vén de pechar o sistema para poder conseguir entradas de cara a participar na proba piloto do día 19 de xuño, organizada simultáneamente en diversos lugares pola Xunta de Galicia, e que traerá a Marín á Orquesta Marbella. A actuación será na zona do aparcamento da Praza de España. As entradas estarán dispoñibles a partir deste xoves, día 10 de xuño, a partir das 11.00 horas da mañá. Poderán conseguirse a través de dúas vías:


● ONLINE: na web do Concello ou na plataforma Enterticket
● PRESENCIAL: o xoves e o venres, no Museo Manuel Torres, de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas

Cando remate a opción presencial, seguirá activa a entrega online en caso de que aínda queden entradas. Para conseguir unha entrada haberá que deixar nome e apelidos e teléfono obligatoriamente, para garantir a seguridade e a prevención en relación á situación sanitaria. De xeito opcional, poden cubrirse os datos de código postal, email e data de nacemento para as estatísticas de participación. O aforo total será de 1.000 persoas de pé, que estarán repartidas en 167 parcelas de 12 metros cadrados cada unha con capacidade para 6 persoas. Deste xeito, no momento no que se collan as entradas as persoas poderán escoller a localización nesas parcelas. O máximo de entradas que poderá coller unha persoa no carriño online (e tamén no método presencial) será de seis.

O día do evento, 19 de xuño, abriranse as portas unha hora e media antes da actuación para garantir o acceso escalonado e sen colas, evitando aglomeracións de calquera tipo. É dicir, que se poderá acceder a partir das 19.30 horas, xa que a actuación está prevista ás 21.00 horas.

Normas de obrigado cumprimento


● Para acceder será obrigatorio ter entrada, incluídos bebés, nenos e nenas en carriños…

● Os menores de 16 anos terán que ir acompañados dun adulto
● Non estará permitido nin beber, nin comer nin fumar
● Non se poderá sobrepasar o límite da parcela escollida e en todo momento haberá que manter a distancia de seguridade interpersoal
● Obrigado uso constante de mascarilla e, no caso de ser preciso, xel hidroalcohólico.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *