Unha marinense recollendo as súas entradas.

Ata o mediodía de hoxe, xa se realizou reserva de máis de 800 das 1.000 persoas que poden entrar por aforo

Esta mañá puxéronse á disposición da cidadanía as entradas para a proba piloto que se celebrará se xeito simultáneo en diversos concellos organizada pola Xunta de Galicia e que traerá a Marín á Orquesta Marbella o sábado 19 de xuño ás 21.00 horas.

Ata ao mediodía, xa estaban reservadas máis de 800 das 1.000 localidades dispoñibles no aforo do recinto, ao que se poderá acceder unha hora e media antes da actuación para garantir un fluxo ordenado e escalonado de persoas.

Reunión para a seguridade do evento

Esta mesma mañá, a alcaldesa, María Ramallo, acompañada dos concelleiros Manuel Santos e Marián Sanmartín e dos representantes da empresa encargada da organización, mantivo unha reunión cos responsables de seguridade que están a supervisar os recintos nos que se realizarán as probas piloto organizadas pola Xunta de Galicia. Tamén estiveron presentes representantes da Policía Local de Marín.

O obxectivo foi o de revisar todo o recinto, as entradas e saídas e toda a loxística asociada á celebración da verbena, para que se cumpra con todas as medidas e se garanta en todo momento a seguridade do concerto.

En xeral, todo está perfectamente organizado, aínda que desde a reunión piden colaboración cidadá para que todo marche con normalidade e reiteran a importancia de ter enterada reservada con anterioridade para poder acceder.

O aparcadoiro da Praza de España terá que quedar libre de coches o venres, día 18, a partir das 15.00 horas. Ademais, colocaranse peches de perímetro alto para evitar que haxa aglomeracións nos laterais e inmediacións do recinto.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *