As familias participantes.

Cinco equipos, nomeados como prantas aromáticas, competiron para elaborar os petiscos máis nutritivos e saudables da escola

Coincidindo coa celebración do Día Nacional da Nutrición o 28 de maio, o CRA de Vilaboa desenvolve a primeira edición do PousaChef na escola de Pousada, unha iniciativa inspirada no coñecido concurso televisivo. Coordinados polo profesorado do centro os nenos e nenas de 3,4 e 5 anos amosaron as súas habilidades na cociña capitaneados polas súas familias que esta mañán formaron parte da actividade compartindo coa cativada unha xornada gastronómica na que a calidade da nutrición foi o fío conductor.

O concurso desenvolveuse en torno a cinco equipos nomeados coa temática das prantas aromáticas que utilizaron na elaboración dos seus pratos: ourego, menta, albahaca, cilantro e perexil, que centraron as receitas tras seleccionar os alimentos no supermercado simulado na escola. Cada equipo contou cun mandil dunha cor
diferenciada e personalizados co nome de cada un.

I é que ao longo de todo o curso a cativada do CRA leva implementando merendas colectivas e saudables coa axuda das súas profesoras. En lugar de levar da casa os alimentos a consumir, fan un pedido para toda a semana a Autoservicio Calvar, fomentando tamén o consumo no pequeño comercio local, co que logo preparan os petiscos para consumir no descanso para os 28 compañeiros da escola cada día.

Apostan por unha alimentación saudable coa froita como elemento principal e con elaboracións sinxelas e moi nutritivas. As familias e o alumnado valoraron moi positivamente esta iniciativa que tamén lévase á práctica diariamente na escola de Barciela e nas escolas de Bértola, Figueirido e Paredes dun xeito máis puntual. Conchita Pérez, directora do CRA, explica que o espíritu do PousaChef é implicar ás familias na vida da escola trasladándolles a importancia de que os menores aprendan a darlle á alimentación a relevancia que terá no seu futuro. Esta iniciativa enmárcase no proxecto anual do CRA que este ano xira entorno a “Mens Sana in Corpore Sano”.

“Con moito realismo as familias, nenos e mestras pasamos unha xornada inesquecible coroada coa proba das elaboracións e a entrega de recoñecementos que contou coa colaboración César Poza, que entregou o recoñecemento ao equipo vencedor, o vermello”, conclúe Conchita Pérez, quen agradece tamén o traballo das mestras Henar Lameiro Cortegoso, Marta Rodríguez Bautista e Ana Iglesias Azurmendi

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *