A Garda Civil no lugar do accidente onte á tardiña.

Segundo informa a Garda Civil, o condutor que na tarde de onte provocou un accidente con cinco vehículos implicados e tres feridos por circular en dirección contraria na incorporación á AP-9 desde O Morrazo foi detido e acúsaselle catro delitos graves: conducir baixo os efectos do alcol, condución temeraria, imprudencia grave e danos. E é que o home, de 59 anos e veciño da parroquia moañesa de Domaio, cuatriplicaba a taxa de alcoholemia no momento que os axentes lle fixeron a proba tras impactar frontalmente contra os cinco coches. Como consecuencia disto foi detido e trasladado á comandancia de Pontevedra onde horas despois queixouse de que tiña dor no peito. A Garda Civil trasladouno a un centro hospitalario onde quedou ingresado por unha pequena fisura no esterno. Alí permanece custodiado á espera de que reciba o alta.

A Benemérita asegura que este moañés non ten antecedentes por feitos similares.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *