Alcaldesa e concelleiros cos composteiros.

Todos os que queiran un terán que reservalo escribindo un email a alcaldia@concellodemarin.es antes do próximo venres

A compostaxe individual está a ser unha iniciativa medio ambiental con moi boa resposta na nosa vila. Por iso, a concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, informou que o Concello volverá repartir un novo lote de 100 novos composteiros entre a veciñanza da man de Sogama.

Ademais dos composteiros, repartiranse uns pequenos cubos domésticos para poder ter na cociña e nos que depositar os restos orgánicos que despois acabarán na compostaxe.

Toda a veciñanza que estea interesada en reservar un composteiro poderá facelo escribindo un email a alcaldia@concellodemarin.es, con prazo máximo ata o venres que vén.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *