O novo parque de Samertolameu.

A concelleira Marta Freire recorda que «é imprescincible respetar as idades de uso de cada instalación»

A Concelleira de Obras e Servizos, Marta Freire, fai un chamamento ás persoas usuarias dos parques infantís para que se faga un uso responsable dos espacios de xogo. «É imprescindible respetar as idades de uso de cada instalación así como os elementos que son de uso exclusivo para nenos e nenas en cadeiras de rodas», reclama.

O goberno municipal, dí, leva realizado nos últimos anos un esforzo económico moi importante para mellorar, reparar e renovar as áreas de xogo da nosa vila, apostando pola inclusión, a accesibilidade e a instalación de elementos novidosos que resulten atractivos para todas as crianzas. E por isto que, «o uso inapropiado dos xogos por parte de nenos e nenas de máis idade da indicada ou o uso indebido daqueles elementos destinados a crianzas en cadeira de rodas por parte de outras persoas, está provocando constantes roturas e desperfectos nos mesmos».

Isto a súa vez ten consecuencias directas sobre os recursos destinados aos parques infantís por parte do Concello de Moaña. Son moitas as ocasións nas que, explica Freire, «nos vemos obrigadas a destinar os recursos previstos para a instalación de novos elementos ou a mellora das áreas de xogo, á reparación dos elementos xa existentes».

Columpio para crianzas con discapacidade motriz

Así mesmo, Marta Freire recorda ás persoas usuarias do parque de Samertolameu que o columpio instalado para persoas con discapacidade motriz é un columpio de uso exclusivo para nenos e nenas en cedeira de rodas. Non pode ser que haxa grupos de nenos e nenas balanceandose nese columpio facendo un uso inapropiado do mesmo.

No seu momento puxemos unhas placas que advertía deste uso exclusivo pero alguén se dedicou a retiralas. Tras o uso inapropiado que estamos constatando deste columpio especial para nenos e nenas con discapacidade motriz, «acabamos de encargar unha nova placa que instalaremos nos próximos días e na que advertiremos novamente do uso exclusivo para crianzas en cadeira de rodas».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *