O persoal contratado polo Concello de Moaña con cargo á línea 3 do Plan Concellos, 15 dun total de 23 traballadores, reforza dende hoxe mesmo a brigada municipal de obras e servizos. O fan coa posta en marcha do Plan de limpeza e desbroce de viais e camiños municipais, a posta a punto dos sendeiros e o mantemento dos areais.
A Concelleira de Obras e Servizos, Marta Freire, explica que o Concello contará con cuadrillas de limpeza e desbroce en tódalas parroquias e que nos primeiros traballos a realizar se priorizaron zonas usadas polos nenos e nenas no acceso aos centros escolares e camiños públicos onde hai persoas con problemas de mobilidade reducida.
Hoxe estiveron traballando na parroquia de Tirán que se ocuparán inicialmente da posta a punto dos accesos aos areais, así como o mantemento da zona de esparcemento da praia da Videira para a continuación iniciar o desbroce da totalidade dos camiños da parroquia.
Outra cuadrilla operativa estará na parroquia de San Martiño que empezará pola limpeza e desbroce de varios carreiros que unen a zona do Cruceiro co CEIP Abelendo facilitando así o uso dos carreiros secundarios tradicionais como mobilidade alternativa dos nenos e nenas.
A terceira deprazarase á parroquia de Meira na que empezaremos pola limpeza do camiño que une a zona da Costa de Barros con Caiagua. Un sendeiro moi usado tamén polos máis cativos para acceder ás paradas de bus situadas na PO-551. A parroquia de Domaio tamén contará co seu persoal de limpeza de camiños que permitirá a posta a punto de todos os viais cos que conta esta parroquia.
Na parroquia de Moaña empezan en primeiro lugar por atender a solicitude de limpeza do Camiño do Fiulledo e posteriormente seguiremos polos camiños que unen o barrio de Quintela e a zona de A Praia.
Brigada de obras
En canto á brigada de obras, que tamén será reforzada con novo persoal de albañilería, teñen como prioridade a posta a punto de varias beirarruas municipais. Nas próximas semanas traballarán na Rúa Rosalía de Castro, onde as árbores están levantando as baldosas no entorno do CEIP Seara.
A brigada de xardiñería, coa incorporación do novo persoal, aumentará a frecuencia das labores de mantemento dos parques e xardíns municipais, así como a posta a punto das contornas das instalacións municipais.
En total son 23 persoas contratadas polo Plan Concellos, hoxe comezaron 15 e as outras restantes ao longo dos próximos meses.