O portavoz de Coalición Independente por Moaña (XM), Javier Carro, demanda ao Concello de Moaña unha “limpeza urxente” do camiño que sobe da PO-551 á Miranda, detrás do antigo edificio consistorial. Unhas escaleiras “moi utilizadas polos nosos maiores para acceder á praza polas mañás e, en xeral, para camiñar polas tardes”.
Carro asegura que xa trasladou esta situación á concelleira de Servizos, Marta Freire, pero “non serve de nada”.