Un dos viais que se vai a asfaltar.

O Concello de Cangas adxudicou a pavimentación de diferentes vieiros municipais e que serán financiada a través do Plan Concello 2022 con 200.071,20 euros. As actuacións desenvolveranse nos vieiros municipais da rúa Ferruxiña I e II (parroquia de Aldán), Telleiro/ Boticaria (parroquia de Coiro) e da Garita, Pepe Simón e Lajes do Pico (parroquia de Darbo).

Sete empresas concurriron ao procedemento de licitación convocado polo Concello, sendo a adxudicataria COVSA , a que mellor puntuación obtivo ao presentar unha mellora económica que deixa a obra en 174.402,07 euros.

A alcaldesa de Cangas, Victoria Portas, insiste na importancia destas obras por tratarse «duns viais que precisaban dita pavimentación pero que residen nunha contorna con fortes restriccións/autorización». “ É un proxecto importante e que tivo que pasar numerosos filtros ata lograr os informes sectoriais favorables da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Servicio Provincial de Costas de Pontevedra, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e O Servizo Territorial de Augas de Galicia», alcaldesa Victoria Portas”», precisou a rexidora.

Tamén entre as obras destacar a que se realizará na Rúa da Garita (Santa Marta) é un dos proxectos de mobilidade peonil, na que se están a crear circuitos seguros para o peón e a bici (senda mixta) para que o acceso as núcleos de poboación e aos areais se poida realizar sen ter que usar o coche. “É un proxecto que nos axudará de motor de arranque para outros ámbitos coa mesma problemática e que sen a colaboración da veciñanza e asociación de veciños non sería posible”, engadeu.

Os traballos, que darán comezo cando as clemencias meterolóxicas nos permitan, foron consensuados coa veciñanza residente e as asociación de veciños .

Portas, explica que estas actuacións non serían posibles si o Concello non solicitara o Plan Concellos, que é unha línea fundamental de financiamento do concello. “ Perder liñas de financiación que supoñan un 100% de financiación é de non ser responsable, polo que desde o Goberno pelexaremos para conseguir este tipo de financiamentos. Pois estas obras demostran o beneficio que supón a consecución de este financiamento e a veciñanza que se beneficia desta xestión”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *