A Xunta de Goberno Local celebrada hoxe deu luz verde aos pregos para contratar a limpeza integral das praias durante este verán e o do 2025. Un contrato que ten un orzamento base de licitación de máis de 77.800 euros ao ano, polo que supón unha inversión total da contratación de máis de 155.670 euros.

Tal e como explica o Concello de Marín, trátase dun contrato que regula dúas fases de traballo. Unha primeira que supón unha posta a punto dos areais pensando no arranque da tempada de verán e que inclúe tarefas de limpeza, recollida de maleza e escombros, etc. Esta parte do contrato deberá facerse nos seguintes 20 días á finalización da formalización do contrato e no caso do 2025, antes do 15 de maio.

A segunda fase da contratación engloba a limpeza integral das praias e dos seus servizos asociados do 15 de xuño ao 15 de setembro de ambos anos. Isto supón limpar tanto os propios areais como os accesos, as papeleiras da zona, os aseos habilitados… Todos os servizos dispoñibles para a cidadanía, en definitiva.

Presentación de ofertas a partir de mañá

Os servizos técnicos do Concello informaron de que a licitación estará en aberto a partir de mañá, a través da Plataforma de Contratación do Sector Público do Estado, á que se pode acceder a través da sede electrónica do Concello, seleccionando a área de contratación da Xunta de Goberno Local. O prazo para presentar ofertas rematará o 6 de abril.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *