A concelleira durante a súa visita.

A pasada semana deron comezo as prácticas do Obradoiro Dual de Emprego no Espazo Emprendedor de Marín, aproveitando as súas cociñas para impartir as modalidades de Pesca e Acuicultura. A concelleira de Promoción Económica, Beatriz Rodríguez, realizou unha visita ás instalacións onde se están a realizar estas elaboracións, observando de primeira man como están a desenvolver os preparados do peixe e anunciou a parte solidaria que terá este programa, xa que as elaboracións que se fagan durante as prácticas serán doadas ao Comedor Social.

Coa realización deste Obradoiro os alumnos e alumnas formaranse nos certificados oficiais de Pesca e Elaboración de Produto da Pesca e Acuicultura, no que se están formando neste momento, así como de Industrias de Produtos da Pesca e Acuicultura, que terán comezo en xuño.

Por outro lado, as alumnas-traballadoras da especialidade de Atención Sociosanitaria, que se formarán nos certificados de Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio e Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais, dará comezo en xuño no Servizo de Axuda no Fogar do
Concello de Marín.

Este mes de abril as alumnas desta especialidade comezaron a recibir visitas de empresas que xestionan este servizo, como Galáurea e Idades.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *