As placeras degustando os mices.

As Prazas de Abastos son espazos municipais cuxa función trascende á venda de alimentos. Son lugares de reunión, de cultura popular, de calidade gastronómica, de economía local e, por suposto, tamén de ocio e desfrute. Por iso, desde o Concello de Marín trabállase pola súa mellora constante.

A concelleira de Comercio, Cristina Acuña, desvelou hoxe que a Xunta de Goberno Local vén de aprobar os pregos para licitar 8 postos nas prazas tanto de Marín coma de Seixo. Uns pregos que se mandarán ao Boletín Oficial da Provincia, momento no que comezará correr o prazo de presentación de ofertas, que será de 30 días hábiles.

Acuña explicou que, especialmente no caso de Seixo, “estamos desexosos de seguir adiante, xa que neste caso notamos unha maior complicación á hora de que estes negocios estean activos”. Tal e como se recolle na documentación administrativa, sairán os seguintes postos, co seu correspondente canon mínimo, que poderá ser mellorado á alza polas persoas licitadoras:

Mercado de Marín

O equipamento dos postos, así como as obras de adecuación interna e o acondicionamiento dos mesmos, serán a cargo de cada titular, que á súa vez deberán contar coa inscrición no epígrafe correspondente no IAE e co curso de manipulador de alimentos.

As concesións outorgaranse por cinco anos sen prórrogas e non poderán acadarse máis de dos postos concesionados no mercado, contando aqueles que se poden ter na actualidade.

No prego técnico recóllense algunhas das obrigas que terán os titulares dos postos, unha vez lles sexan adxudicados, entre as que destacan:


● O pago de todas as taxas, impostos e prezos públicos correspondentes coa súa actividade
● Exercer ininterrompidamente, durante o horario que se corresponda, a súa actividade
● Efectuar diariamente a limpeza do seu posto, procurando que estea en óptimas condicións hixiénico sanitarias
● Ter expostos os prezos por unidades ou quilogramos
● Asumir os gastos correntes de luz, auga, teléfono…

Presentación de ofertas próximamente, cando se publique no BOP

Acuña indicou que agora haberá que esperar a que os pregos se publiquen no Boletín Oficial da Provincia, “momento no que comezará o prazo de presentación de ofertas”.

Todo o procedemento estará dispoñible a través da Plataforma de Contratación do Sector Público, integrado no Perfil do Contratante da sede electrónica do Concello de Marín.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *