As concelleiras presentando a iniciativa para o Día da Nai unha edición anterior.

O Concello ampliou o sorteo de tarxetas regalo ata o 5 de maio, a partir de 30 euros de compra. As persoas participantes poderán depositar os tickets no buzón que se colocará na Oficina de Turismo ou no caso de Seixo, nunhas urnas instaladas no Mercado

O Concello non abandona a economía local, aproveitando o Día da Nai. Coñecese que estas datas son de amplio consumo, por iso quérese obsequiar á veciñanza fiel ao comercio local da nosa vila. Desta forma, Cristina Acuña, concelleira de Comercio, explica que esta data é “unha fantástica oportunidade para facer as nosas compras no comercio local e animar á xente que temos cerca a que faga o
mesmo e aposte polos nosos negocios para eses detalles que lles facemos ás nosas nais”.

Deste xeito, o Concello amplía a campaña do sorteo das 100 tarxetas regalo por valor de 50 euros ata o domingo día 5, “para aproveitar as compras de última hora que se fan por esta data”. Acuña lembra que para participar no sorteo, será preciso realizar compras nos comercios de Marín ou consumir na hostalaría da nosa vila, por valor superior a 30 euros, ben só cun ticket ou cunha agrupación de varios.
Quedan exentas as farmacias, gasoliñeras e os supermercados.

Os tickets terán que depositarse no buzón que está habilitado na Oficina de Turismo da Praza de España cos seguintes datos no reverso: nome e apelidos do participante, DNI e número de teléfono. Os tickets terán que ser orixinais, “polo que xa avisamos de que se alguén o precisa para devolucións ou garantías, terá que pedir un duplicado”, explican desde o Concello.

O día 6 de maio ás 12:00 horas terá lugar o sorteo no Salón de Plenos para coñecer aos gañadores destas 100 tarxetas. As persoas agraciadas serán citadas telefónicamente para a recollida das Tarxetas Regalo na Oficina de Turismo antes mencionada durante os días 7 e 8 de maio, en horario de 11:30h a 20:30h, confirmando os datos coa presentación do DNI.

As persoas gañadoras no sorteo deberán gastar as tarxetas na economía local de Marín ata como máximo o 30 de xuño de 2024.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *