A concelleira visitando o centro tras a reforma.

A concelleira Beatriz Rodríguez visitou a espazo unha vez rematadas as obras

Os petróglifos de Mogor teñen un potencial incuestionable, sendo un conxunto arqueolóxico esencial cuns recoñecidos valores culturais e paisaxísticos, unido a un emprazamento xeográfico privilexiado.

Para poñelos en valor e apostar pola súa maior difusión, o Concello levou a cabo un proxecto co que se renovou toda a iluminación exterior das sendas e os petróglifos e se fixo unha readaptación integral do interior do Centro de Interpretación.

“Sabemos que os nosos petróglifos son un referente patrimonial e turístico, por iso quixemos mellorar o espazo verde no que se atopan estes gravados cunha iluminación que tamén beneficiará á veciñanza e reforzando a sinaléctica tanto no interior coma no exterior”, explicou a concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez.

A nova proposta museística conta con paneis renovados que aportan recursos explicativos, ilustrados e audiovisuais que permiten a mellor comprensión do que se visita.

A concelleira explicou na súa visita ao centro, que volverá estar aberto para a cidadanía en Semana Santa, que este proxecto realizouse ao abeiro dunha subvención de Turismo de Galicia ao 90%, a través dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea-NextGeneration EU, por un importe cercano aos 40.000 euros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *