El alcalde de Vilaboa, César Poza, en el su despacho.

Durante todo o mes de novembro persoal técnico atenderá, con cita previa, as consultas e trámites que prantexe a cidadanía

O Concello de Vilaboa tramitará co ORAL o fraccionamento do pago do Imposto sobre Bens Inmobles. Unha persoa estará a disposición da veciñanza nas depedencias municipais para solicitar o devandito fraccionamento do pago para todas aquelas persoas que queiran acollerse a esta opción. O goberno local de Vilaboa trata de minimizar así o gasto imprevisto ao que teñen que facer fronte as familias vilaboenses neste tramo final de ano. Este novo servizo, que estará en funcionamento todo o mes de novembro, debe solicitarse con cita previa a través do teléfono do Concello.

O goberno local repite por tanto a mesma medida de transparencia e información que xa adoptou a principios deste ano 2023 cando a cidadanía comezou a recibir as cartas do ORAL nas que se comunicaba a actualización dos valores catastrais. “Foron esas mesmas cartas as que nos alertaron de que o ORAL iniciara un procedemento simplificado derivado da aprobación do PXOM no 2019. Ata ese momento non sabíamos nada e que o fixemos daquela, e repetimos agora, foi poñer unha persoa a disposición da veciñanza para informarlles de todo o procedemento”. César Poza, alcalde de Vilaboa, insiste por tanto en que “en ningún momento se ocultou nada. Estamos ante unha actualización de valores no que as fincas urbanizables que ata agora non tributaban teñen que empezar a facelo. E iso supón tamén unha revalorización das propiedades”, apunta.

Insiste en que o ORAL en ningún momento se dirixiu ao Concello para informarlle previamente do inicio deste procedemento e “tampouco tiña obriga de facelo xa que a aprobación do Plan Xeral conleva o inicio desta revisión”.

En canto á politización que o Partido Popular está a facer dun tema extremadamente delicado, César Poza fai un chamamento á responsabilidade e recorda que o Concello de Vilaboa leva catro anos con todos os impostos conxelados. Frente a municipios limítrofes como Soutomaior, Ponte Caldelas, Marín ou Sanxenxo que nas últimas semanas aprobaron subidas de ata un 20% da meirande parte de taxas e impostos “en Vilaboa seguimos sen subir ningún, cunhas cuantías mínimas e imprescindibles para que se poida manter a prestación de servizos públicos coas máximas garantías”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *