Un dos plenos ordinarios de Vilaboa.

A ausencia de endebedamento e a eficiencia na execución do orzamento permite ao goberno local “moito marxe para o investimento neste novo exercicio”

As Contas Xerais do ano 2021, aprobadas na última sesión plenaria da Corporación de Vilaboa, demostran con datos a boa saúde da economía municipal. O peche do exercicio arroxa un remanente de tesorería de 2.845.427,84 euros, que o goberno local quere destinar a diferentes proxectos urxentes para Vilaboa.

Outro dato positivo é a ausencia de endebedamento por parte do Concello de Vilaboa xa que todas as operacións de préstamo a corto e longo prazo se amortizaron anticipadamente co peche do exercicio 2020 realizado o pasado ano.

O goberno local levou á última sesión plenaria un recoñecemento extraxudicial de crédito por importe de 84.378,03 euros para aprobar facturas correspondentes a gastos imprevistos. No ano 2020 o importe deste recoñecemento foi de 399.633, 23 euros e no ano 2019 a cantidade ascendeu a 647.278,96 euros. “Esta evolución ven demostrar que este ano a previsión de gastos axustouse moito máis á realidade que en exercicios anteriores, ou o que é o mesmo, que a xestión do orzamento foi máis eficiente”, explica a concelleira de Facenda, Carmen Gallego.

O alcalde, César Poza, fai tamén unha lectura positiva das Contas Xerais que demostran un aforro real e por tanto “moito marxe para investimentos”. Neste sentido o alcalde fai un chamamento aos grupos da oposición para consensuar os proxectos aos que destinar o remanente de tesorería.

“Rematamos o ano 2021 sen endebedamento, cunha previsión de gastos e ingresos moi axustada á realidade e unha execución orzamentaria moi eficiente. Estamos satisfeitos con este resultado sobre todo porque nos da marxe para seguir investindo e avanzando cara ese proxecto de desenvolvemento que temos para Vilaboa e que pasa pola dotación de solo industrial e solo residencial para o que primeiro é necesario tecer unha rede de servizos básicos”, conclúe César Poza.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *