Aproveita a humanización desta estrada para sustituir a cuberta dun lavadeiro e eliminarlle a simboloxía franquista para cumprir a Lei da Memoria Democrática
A humanización da estrada que parte do entorno do Concello, no Toural, en dirección a O Picho completouse coa instalación dun parque biosaludable e a restauración dun antigo lavadeiro.
O entorno contaba cun vello parque situado nunha das marxes da estrada, que carecía de elementos de xogo e que apenas tiña aproveitamento por parte dos veciños. Por elo, César Poza, alcalde de Vilaboa, aproveitou a reforma do vial para acometer unha actuación de saneado nese entorno, instalando un parque biosaludable con 10 elementos que permiten o exercicio ao aire libre.
Neste entorno, que o Concello deseñou como unha zona de encontro veciñal e interxeracional, instalaronse bancos e tamén elementos de xogo infantil, así como unhas mesas de xogo que permiten desfrutar ao aire libre dunha partida de parchis ou de damas. “Transformamos un espazo en desuso pensando nun ocio familiar, que combine as necesidades dos máis maiores e da cativada”, apunta.
E para completar as actuacións secundarias na humanización deste vial, que entronca o centro do Toural cun lugar de alta densidade de poboación, o Concello arranxou un antigo lavadeiro no que sustituiu a cuberta e fixo un arranxo no firme para canalizar as augas pluviais.
A maiores, e en cumplimento da Lei de Memoria Democrática, o Concello eliminou a simboloxía franquista instalada no lavadoira sustituínda por un escudo institucional.